" />

Novo ciclo de Ciberfaladoiros Feministas da Deputación

A Deputación de Lugo en colaboración coa asociación Maruja Mallo organiza un novo ciclo de ciberfaladoiros. María Loureiro,eputada de Muller e Igualdade,  participou este venres neste primeiro encontro do novo ciclo de Ciberfaladoiros Feministas.  O programa deste 2021, baixo o título Mulleres que fan cousas, comezou esta tarde coa participación da escritora e filóloga ecuatoriana María Fernanda Ampuero, un encontro que a Deputada provincial aproveitou para poñer de manifesto que “a violencia machista e a fenda laboral e social entre homes e mulleres estanse vendo agudizadas nesta pandemia”.

María Loureiro argumentou que na crise sanitaria as mulleres están na primeira liña, desempeñando un papel extraordinario como traballadoras no ámbito sociosanitario, na ciencia, na investigación, dende os servizos esenciais, pero tamén asumindo a responsabilidade dos coidados no ámbito privado. O encontro retransmitiuse a través da canle de Youtube de Nomenklaturas Gestión Cultural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo