O novo single de DjFrisco&Marcos Peón, Número 2 na lista de éxitos internacionais de México

Lounge é o novo sinxelo dos músicos galegos Dj Frisco & Marcos Peón, editado por Dammove, e que se sitúa no posto Número 2 na listaxe de éxitos internacionais de Damovement Tv, programa que se emite na principal plataforma televisiva de México, EXA Tv.

Taibo e Peón comparten lista con algúns dos máis grandes músicos internacionais como Martin Garrix, Galantis, Inna, Calvin Harris o Axwell Λ Ingrosso. Para os galegos non é a primeira vez que se colan entre os máis escoitados do país azteca, o seu single La Oca xa ocupou nalgún momento os postos principais nas listas mexicanas. Gracias a este éxito os djs galegos colaboraron xa con recoñecidos artistas mexicanos como Club24, Dj Pelos ou Geena Corona, consolidandose así como uns dos produtores españois con máis representación na industria musical mexicana. DjFrisco &Marcos Peón, asemade, tiveron recentemente a ocasión de estar de xira por México e poder gozar ao máiximo do cariño que lles proporcionou o público mexicano nas súas sesións.

Os galegos xa están preparando o lanzamento do seu próximo single ‘Talk talk’ que moi pronto se porá á venda nas principais plataformas dixitais de venda de música electrónica. Dj Frisco & Marcos Peón estarán actuando mañá nas festas de As San Lucas de Mondoñedo como a fin de semana do concerto de Medina Azahara e o próximo 3 de novembro no Tibor (Meira).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com