A área de Xuventude do Concello de Lugo deu hoxe a coñecer as datas para a vindeira edición do Arde Lvcvs, a vixésimo quinta, que terá lugar do 18 ao 21 de xuño de 2026. Será unha edición especial que, polo seu 25 aniversario, aunará actos novidosos con outros de lembranza dos comezos dunha festa “que co paso dos anos converteuse en referente para outros eventos de recreación histórica, tanto a nivel nacional como internacional”, sinala o edil desta área, Jorge Bustos.
Para decidir as datas da próxima edición tivéronse en conta varios factores, entre eles, as fechas do Corpus e da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, actos relixiosos, cuxas procesións percorren unhas rúas e prazas que durante o Arde Lvcvs son un dos puntos estratéxicos da festa, e que polo tanto fai inviable que ambos eventos se desenvolvan a mesma fin de semana.
Fotografía: arquivo Arde lvcvs 2025