" />

O alcalde de Láncara denuncia que Sanidade non lle facilita os datos dos afectados polo covid no concello

O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro denunciou hoxe que a Consellería de Sanidade do Goberno de Feijoo “segue sen facilitar ao Concello os datos sobre o número de afectados polo COVID”. Nesa liña o rexedor fixo pública unha comunicación recibida no Concello tras unha consulta a través da Valedora do Pobo, “á que tivemos que recorrer tras os constantes ninguneos da Xunta”. Neste documento a Valedora puntualiza que “no caso de persistir a actitude da Consellería de Sanidade, procederemos a realizar unha advertencia sobre as súas consecuencias legais”, remarca.

Dende o Concello de Láncara reclamamos unha interlocución directa coa Consellería de Sanidade, para que entre todos, poidamos actuar e consensuar liñas de actuación efectivas nos nosos Concellos”.

Darío Piñeiro explica que “en moitas ocasións enterámonos dos afectados a través dos medios de comunicación, esta situación é intolerable. O Goberno de Feijóo non pode ignorar aos pequenos Concellos, aos que estamos ao pé do canón, que é onde primeiro acoden ás nosas veciñas e veciños para reclamar información ou para demandar axuda nesta pandemia”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo