O alcalde de Lugo e o presidente da CHMS presentan a obra que que permitirá conectar o paseo fluvial do Rato co do Miño

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, presentaron hoxe a obra que permitirá conectar o paseo fluvial do Rato co do Miño, un proxecto xa en execución que suporá a continuidade dos itinerarios e a creación dun percorrido continuo para o lecer, a práctica deportiva e o desprazamento activo da veciñanza. O proxecto, foito da colaboración entre o Concello e a  CHMS,  conta cun investimento de 225.000 euros achegado pola Confederación, que, cumprindo co covenio asinado entre ambas as dúas entidades, se encarga da redacción e execución do proxecto.

As obras contemplan a preparación do terreo e o acondicionamento dunha superficie de máis de 20.000 metros cadrados, coa eliminación de vexetación en mal estado, a nivelación da plataforma e a construción dunha senda de dous metros de ancho con pavimento estable e seguro, bordos de granito e sistemas de drenaxe. O itinerario contará con bancos de granito, papeleiras metálicas e iluminación mediante 17 luminarias LED. Ademais, levarase a cabo unha integración ecolóxica coa plantación de especies autóctonas como carballos, freixos, aveleiras ou bidueiros, a sementeira de céspede e a instalación de casetas-refuxio para esquíos. O prazo estimado de execución é de catro meses.

Fernández e Quiroga coincidiron en que esta actuación non só mellora a mobilidade sostible e a conexión co río, senón que tamén supón un avance na calidade de vida da veciñanza e na aposta pola integración de espazos verdes no modelo urbano de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com