O andazo a ralentí, onte só se declararon tres novos casos el Lugo

En Lugo e provincia, a pandemia semella que vai camiño remitir; onte só foron tres persoas ás que se lle detectou a infección por Covid-19.

Asemade reduciuse o número de persoas ingresadas nos tres hospitais e non houbo ningún falecemento. De continuar esta tendencia e mantendo as normas que establece o Estado de Alarma, logo de pasada a Semana Santa, de seguro, comezará unha nova fase que nos debe levar, paulatinamente, ao remate do confinamento.

Como cada día, aínda que hoxe ben tarde, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informou que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.460, deles 1.138 son da área da Coruña, 566 da de Lugo, 1.001 da de Ourense, 460 da de Pontevedra, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Santiago, e 318 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 158 permanecen en UCI, 835 están en unidades de hospitalización e 4.467 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 34.423.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com