O Apalpador chegará a Lugo este sábado

O Apalpador visitará Lugo este sábado acompañado dunha gran foliada, que presentou hoxe a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto a representantes da Tradescola, Semente Lugo, A Mesa pola Normalización Lingüística e Volta do Agro, Mónica Fernández, María Vilaverde, Lois Neto e Lucía Álvarez e Fidel Reigosa; respectivamente.

Carmen Basadre convidou á veciñanza a participar neste actividade lúdica cultural, “que recupera unha figura nosa” e que arrincará ás 16:30 horas, cunha ruada cos grupos A Volta do Agro e Cántigas e Frores que avisarán da chegada desta personaxe galega típica á cidade, dende a Milagrosa, pola Avenida da Coruña e o casco histórico.

Xa ás 17:00 horas, a artista Branca Villares ofrecerá o obradoiro Troupelear para a familia na Praza Maior. Ás 18:00 horas será a hora escollida polo Apalpador para chegar, con castañas e agasallos. Ás 18:30 e ás 19:30 horas continuarán os obradoiros, un de danza con Xavier Iglesias e outro de canto e pandeireta coa Tradescola. En caso de choiva, os tallerese serán no patio do Vello Cárcere. A Volta do Agro e Cántigas e Frores serán os encargados de pechar a foliada, ás 20:30 horas.

Ademais desta foliada, para esta fin de semana, o Concello ten preparada unha representación teatral, mañá venres, ás 20:30 horas, no patio do Vello Cárcere. Será a obra 1879. Casa de bonecas. O sábado, ademais da folidada do Apalpador, ás 13:00 horas o Vello Cárcere acollerá un concerto de música antiga co grupo Meendinho.

Tamén ese día no MIHL, dende as 18:30 horas, celebrarase a presentación do libro de Toño Núñez, A gotiña viaxeira. Para rematar a fin de semana, o domingo en xornada de mañá, ás 12:3o horas, Rodrigo Romaní ofrecerá un concerto e o trío Fíos de ouro no ar. A entrada é libre ata completar o aforo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com