O Arde Lucus MMXVII xa conta con moeda oficial

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, acompañada polo presidente e vicepresidente da asociación Cohors III Lucensium, MiguelAlvelo e Xurxo Corrales, respectivamente; e escoltados por tres soldados romanos, presentaron este venres, no Patio do Vello Cárcere, a moeda oficial que esta asociación acuña, por oitavo ano, para os festexos do Arde Lvcvs, recentemente declarados de interese turístico nacional.

Ademáis da presentación da moeda , Carmen felicitou emocionada á directiva da asociación Cohors III Lucesiun polo seu X aniversario e polo seu gran traballo destes anos. Esta asociación “foi a primeira  que se creou ao abeiro do Arde Lucus e consegui que o Arde Lucus estivera en primeira liña tanto en España como fora dela”.

Pola súa banda Miguel Alvelo, agradeceu a colaboración do Concello coa súa asociación, así como o seu traballo a prol de sacar adiante o Arde Lucus e para o recoñecemento que ten neste momento. Tamén tivo palabras de recoñecemento a todos os seus compañeiros, algúns dos cales presentes no acto, por conseguir que esta asociación continúe co seu labor durante 10 anos.

Alvelo explica que a nova moeda “é unha homenaxe á muller e un recoñecemento do seu papel nunha sociedade como a romana que estaba feita por e para homes”. A moeda está adicada, concretamente, a Julia Augusta, porque foi un personaxe moi importante, xa que conseguiu sair dos cánones do papel da muller na vida romana, introducíndose na vida política e cultural e realizando estudos de filosofía.

“É unha moeda pequena, un denario de prata romano, xa que este ano intentamos facer unha reproducción exacta do que era o denario romano. No anverso aparece o busto de Augusta, unha muller con gran elegancia ornamentaria, e no reverso, a deusa Civeles, escoltada por dous leóns, e apoiada cun cóbado nun tímpano, portando nunha das súas mans unha rama e noutra un cedro” describe o director.

A Cohors III Lucensium repartirá unhas 4.000 moedas a partir do vindeiro martes. Cada moeda ten un valor de 2 euros. As persoas interesadas en cambiar a súa moeda poden facelo en distintos establecementos do casco histórico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com