O Banco de Tempo de Lugo organiza unha xornada para “repensar os hábitos de consumo”

O vindeiro sábado 14 de decembro o Banco de Tempo organiza na Cova do Raposo (Rúa Nóreas 12) unha xornada de convivo, sinerxias e debate, cuxo eixo central é reformular os hábitos de consumo. A xornada arranca ás 11h, co xa tradicional mercadiño antes de nadal, onde a única moeda permitida son os Xiríns (moeda social propia do Banco de Tempo de Lugo). A continuación haberá un xantar de convivo para as integrantes do colectivo.

Pola tarde, as actividades abertas ao público xeral, comezan ás 17h coa presentación da revista feminista Revirada. Ás 18h proxectarase a película documental Demian (Mañá) seguida do debate que marcará o peche da xornada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com