O BNG-AA propón a implantación dun plan de compostaxe nos centros escolares da cidade

O BNG- Asambleas Abertas propúxolle ao goberno municipal que inicie un programa de compostaxe nos centros escolares que contan con comedor. O obxectivo sería a incorporación de colectores de compostaxe para reciclar a materia orgánica. Segundo o voceiro nacionalista, Rubén Arroxo “deberíase implicar no programa de compostaxe tanto ás ANPAS como ás empresas que, neste momento, xestionan os comedores.”

Arroxo explicou que con esta iniciativa trataríase de involucrar aos centros educativos na reducción de lixo que o concello de Lugo ten que procesar, á vez que busca conseguir que “os nenos e nenas se sintan pioneiros dunha acción que consideramos fundamental non só desde o punto de vista económico, senón tamén desde o ambiental”.

O voceiro do BNG-AA declarou que este sistema tamén incidirá na concienciación, a respecto da cantidade de comida que se desperdicia nos comedores, pois, os monitores e monitoras contribuirían á labor de concienciación dos máis pequenos sobre a importancia de aproveitar a comida. Rubén Arroxo sinalou que moitos centros escolares de Lugo que teñen comedor tamén teñen hortos aos que se podería destinar o compost producido, cedelo a particulares que teñen hortos nos arredores “ou, incluso, para os hortos urbáns xestionados pola deputación ou o concello”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com