" />

O BNG acusa ao Partido Popular de utilizar a chamada ‘Lei Mordaza’ de xeito partidista

O nacionalista Alfonso Losada compareceu hoxe diante dos medios de comunicación despois de ter efectivizado o pago da sanción imposta, dende a subdelegación do goberno de Lugo, por ter participado nas mobilizacións veciñais o 21 de maio de 2013.

Nestas protestas un grupo de veciños de Guitiriz manifestáranse para rexeitar a obra emprendida polo goberno local para a reapertura da rúa do Mercado ao tráfico e defendendo que esa rúa seguira sendo peonil.

Afonso Losada compareceu acompañado de cargos orgánicos e institucionais do BNG onde anunciou que, a pesares de ter pagado a multa, recurirase a mesma xudicialmente.

Losada agradeceu as aportacións de toda a veciñanza de Guitiriz, que fixo aportacións económicas para poder afrontar o pago desta multa. Asemade fixo entrega na Subdelación do Goberno dun escrito, solicitando a dimisión do Subdelegado por entender que utilizou con fins partidistas as forzas de seguridade que dependen de él.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo