O BNG-Asambleas Abertas presenta a candidatura coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio

O BNG –-Asambleas Abertas presentou na tarde de onte en Lugo a candidatura coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio.  No acto de presentación o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, suliñou que “un 40% das persoas que a conforman non son afiliadas ao BNG”.

Rubén Arroxo agredeceu o compromiso “necesario” das persoas que “sen ser militantes do BNG, “apostaron por este proxecto claro e de futuro para este país e para Lugo””.  Antes do peche do acto por parte do candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, interviron todas as persoas que compoñen a candidatura. Arroxo destacou a incorporación de moitas persoas novas que proveñen de diferentes ámbitos da vida económica, cultural, social e deportiva deste concello.

Arroxo sinalou que a candidatura do BNG “é “diversa e formada por xente comprometida, honesta e traballadora””, asemade dixo : “”chegou o momento de que transformemos a nosa indignación en resposta e por iso foi polo que aceptei encabezar esta candidatura” e engadiu que “ houbo asambleas e xuntanzas durante semanas para deseñar o proxecto que queremos para Lugo, sabemos como transformar este concello e como darlle futuro””.

Na súa intervención, Rubén Arroxo, referiuse aos problemas de desempregro que sufre a xuventude, á emigración e tamén a temas relativos ao concello de Lugo como a xestión do PXOM ou a carencia de dotacións no HULA. Arroxo defendeu tamén, o traballo feito polo BNG no concello durante estes anos e felicitou aos seus predecesores.

O candidato do BNG – Asambleas Abertas puxo como modelo o traballo feito polo BNG en Pontevedra e dixo que “”nós non temos que inventar nada novo, temos o programa do BNG, sabemos que funciona e esta demostrado, non só en Pontevedra, tamén en Allariz, Carballo, San Sadurniño, Ribadeo ou Riotorto”. Arroxo contrapuxo o modelo de xestión seguido polo BNG en Pontevedra cos casos de corrupción do PP no concello de Santiago de Compostela”.

Candidatura do BNG – Asambleas Abertas

1. Rubén Arroxo Fernández – Arquitécto Técnico e atleta
2. Maite Ferreio Tallón – Desempregada e vencellada ao movemento sindical agrario
3. Antón Somoza Caxato – Doctor en Humanidades
4. Cristina Ferreiro Lopez – Traballadora da Sanidade Pública e concelleira do BNG en Lugo
5. Daniel Cabana Yanes – Funcionario da Tesourería da Seguridade Social
6. Esther Gómez Fórneas – Profesora da USC e promotora do movemento ecoloxísta
7. Felipe Rivas Jorge – Técnico electrónico e activista social
8. Marta Rodríguez Engroba – Comercial e fundadora dunha asociación contra a violencia de xénero
9. Alexandre Penas Roibás – Traballador Social e reponsábel local do BNG de Lugo
10. Carme Aira Díaz – Traballadora da Sanidade Pública e sindicalista da CIG
11. David Vázquez Vázquez – Traballador da Sanidade Pública e vencellado á cultura tradicional
12. Pura López López – Labrega
13. Yann George Pouliquen Kerlau – Autónomo e Enxeñeiro Agrónomo
14. María Carballo Núñez – Psicopedagoga
15. Fernando Fernández Fernández – Bombeiro
16. Cristina López Fernández – Traballadora no sector servizos
17. Manuel Alberte Fernández Fraga – Funcionario do estado
18. Andrea Galego Valdeigrexia – Médico de Familia
19. José Luis Varela Piñeiro – Profesor do ensino medio
20. Alba Cuba Dorado – Licenciada en INEF e Triatleta
21. Benigno Ruíz – Profesor da USC
22. María do Carme Pérez Árias – Traballadora da Sanidade Pública
23. Avelino Basanta Regueira – Piloto e defensor das persoas con discapacidade.
24. Francisco Novo Vázquez – Traballador Social no movemento asociativo vencellado á 3ª idade.
25. Paz Abraira Sobrado – Enxeñeira Técnica Forestal e concelleira do BNG en Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com