O BNG esíxelle ao concello que reclame a Xunta e Estado infraestruturas necesarias

O candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo que Orozco e Castiñeira “agochan a orella ante a Xunta e o goberno do Estado a respecto do plan Paradai, da Estación Intermodal, o edificio da Residencia ou o cuartel de San Fernando”.  Para a candidatura do BNG-Asambleas Abertas “construír carrís de incorporación no tramo da N-VI entre a estrada de Santiago e Garabolos é algo absolutamente factible” e engadiu: “por que é unha obra ”.  sinxela, con pouco custe e necesaria para garantir a seguridade da circulación

Os nacionalistas instalaron, neste tramo da N-VI diversos carteis reclamando a mellora desta infraestrutura dependente do goberno do estado.

Arroxo dixo que “faremos que o concello se converta no valedor dos intereses dos lucenses”.

Para o candidato “o concello ten que esixir ante outras administracións as infraestruturas necesarias para Lugo e non estar ao servizo dos intereses partidarios de Orozco e Castiñeira”. O nacionalista dixo que Orozco e Castiñeira “os candidatos de PP e PSOE van vender fume anunciando grandes obras que nunca van executar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com