" />

O BNG non entrará no Goberno municipal

Todo parece indicar que o Bng non formará parte do novo equipo de goberno do Concello de Lugo, máis se cabe, logo do paso da proposta polo consello local dos nacionalistas. Segundo puido saber Xornal de Lugo da asemblea local sairá, case con toda seguranza, un non rotundo a entrar no goberno municipal.

Esta nova condiciona o que ata de agora se prevía como máis lóxico, un goberno tripartito, con maioría absoluta, composto por Psoe, Lugonovo e Bng.

Lugonovo e Psoe, que xa se reuniran a principios da semana pasada para estudar un posible pacto de lexislatura, teñen agora nas súas mans o reto de conformar un equipo para dirixir o concello. Os representantes da plataforma cidadá, expuxeran en dita xuntanza, as súas condicións para entrar no goberno, e parece ser que dende o punto de vista programático as diferenzas foron poucas, e a falta de pechar algúns flocos, este tema estaría encarrilado. Onde hai máis problemas é no tocante a redución da asignación económica aos partidos políticos nos presupostos municipais, aquí é onde as distancias son maiores e necesitarase dun achegamento por ambas as dúas partes. Lugonovo está a agardar que os socialistas movan ficha e os chamen para esa nova xuntanza.

Así as cousas, haberá que agardar, e é posible que o Psoe non se dea moita presa, a que os negociadores socialistas convoquen aos representantes da plataforma cidadá, pois ao non contar cunha maioría suficiente, poderían plantexarse gobernar eles sos, a Lei de Grandes Cidades permítellelo e para os temas que se necesite una maioría cualificada, poden buscar acordos puntuais con outras forzas políticas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo