O BNG pedirá no Parlamento e no Concello unha solución para a Tinería

Cosme Pombo e Rubén Arroxo sinalaron a necesidade de rehabilitar e tamén de rehabitar o barrio da Tinería para convertelo no que pode ser un referente do atractivo turístico de Lugo. O parlamentario do BNG, reclamou o cumprimento, por parte do goberno da Xunta, cos compromisos para esta zona privilexiada da cidade.

Os nacionalistas centraron en cinco puntos as actuacións necesarias para que Xunta e Concello recuperen o que Pombo denominou como “un programa pioneiro en Galiza para a recuperación dun barrio degradado que, entre os anos 2005 e 2009, supuxo o investimento de máis de 30 millóns de euros”. Cosme Pombo lembrou que a Xunta é propietaria de numerosos inmobles e algúns deles aínda están pendentes de rehabilitación e os outros precisan de que se adopten as medidas necesarias para “a súa rehabitación”.

Nas inicitivas que o BNG levará ao Concello demandase a colaboración entre as dúas administracións para: 1º. – Rematar a Rehabilitación das unidades edificatorias que a Xunta ten no Barrio da Tineria de Lugo. 2º. – Adxudicar as vivendas baleiras que a Xunta ten no Barrio da Tinería. 3º. – Alugar os baixos do Barrio da Tinería, propiedade da Xunta, coa garantía de que sexan usados para actividades compatíbeis coa vida de Barrio e que se poña en valor os restos arqueolóxicos. 4º. – A posta en valor dos restos arqueolóxicos ubicados en unidades edificatoria da Xunta como xeito de potenciar a investigación do noso pasado e o sector turístico da nosa cidade. 5º. – Colaborar co concello de Lugo na Rehabilitación, Rehabitación e Recuperación do Barrio da Tinería.

“Coa chegada do Goberno Feijoo, moitos dos proxectos foron paralizados, recortouse gravemente a inversión prevista e nin se rematou coa rehabilitación das unidades edificatorias (de propiedade pública) nin se rematou coa “Rehabitación do barrio”. Concretamente paralizouse: a Rehabilitación do Pazo de Dona Urraca e de varias unidades edificatorias, a construción do edificio interxeneraccional, o aluguer dos baixos, a posta en valor dos restos arqueolóxicos, etc” denunciou o parlamentario do BNG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com