" />

O BNG pide o apoio ‘real’ do goberno municipal ao sector lácteo

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediu a implicación “real” do goberno municipal no apoio ao sector lácteo. Arroxo convidou a participar a todos os lucenses na mobilzación de apoio ao sector leiteiro que terá lugar este venres ás 12:00 en Santiago de Compostela.

Arroxo instou ao goberno municipal a prestar o seu apoio a esta mobilización fletando autobuses ou medios de transporte para facilitar a asistencia á manifestación do venres.

Anunciou, tamén, que o BNG-AA levará unha moción ao vindeiro pleno do concello de Lugo para que a corporación municipal inste aos gobernos da Xunta e do Estado a tomar medidas para garantir a pervinvencia deste sector.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo