O BNG pide paralizar as obras da CHMS no río Cabe por impacto ambiental

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas parlamentarias para reclamar a paralización cautelar das obras que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) executa no río Cabe, en Monforte de Lemos, ao considerar que están a provocar unha importante afección ambiental.

As actuacións, iniciadas para reparar os danos causados polos temporais do inverno entre o Club Fluvial e Ribas Altas, inclúen traballos na zona de Vilanova que, segundo o BNG, exceden o proxecto anunciado publicamente e están a causar movementos masivos de terra nas marxes do río.

Rego solicita explicacións ao Goberno central sobre o alcance real das obras, as autorizacións coas que contan e se o Concello e os propietarios afectados foron informados previamente. Ademais, reclama acceso ao expediente completo da actuación.

Pola súa parte, o voceiro municipal do BNG en Monforte, Emilio Sánchez Iglesias, trasladou a preocupación da veciñanza pola falta de información e reclamou “transparencia, control institucional e respecto absoluto polo entorno do río Cabe”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com