" />

O BNG pide que se estude o ensanche da parte baixa de Pintor Corredoira

O grupo municipal do BNG pedirá na vindeira comisión de infraestruturas que “se estude a posibilidade de ampliar os tres carrís que existen na parte baixa da rúa Pintor Corredoira, xusto na intersección coa avenida República Arxentina”, dado que, en palabras do propio grupo, “os carrís son demasiado estreitos e cando baixa un autobús adoita a quedar un deles eliminado. O BNG leva esta proposta pola razón de que a rúa Pintor Corredoira é un dos principais accesos á estación de autobuses, a maiores de que por aí pasan liñas do transporte urbano polo que é preciso mellorar a seguridade nese punto”.

 O portavoz Rubén Arroxo descarta a posibilidade de eliminar un carril para facer dous máis grandes, dado que o feito de ter dous de baixada permite axilizar moito máis o tráfico, polo que considera unha solución alternativa “dado que temos un amplo espazo verde do lado esquerdo en dirección baixada, sería sinxelo desprazar a beirarrúa un metro, dixo. Rubén Arroxo.

 Para o BNG esta obra de pouco custe podería ser estudada xusto neste momento dado que en poucas semanas se iniciarán as obras de mellora do pavimento da ronda República Arxentina “o ideal sería comezar a traballar nisto agora que se vai estar en obras na zona para non ter que andar movendo maquinaria de novo máis adiante” afirmou o portavoz nacionalista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo