O BNG preguntará por qué leva dous meses sen arranxar a fochanca da estrada Lugo-Portomarín

“Segundo a información que se nos facilita, o concello está pendente de que a Xunta lles remita as condicións nas que se debe facer a obra de recuperación da banda de rodadura e firme da estrada, pero é moi sorprendente que despois de dous meses non se fixera nada”, explica o voceiro eo BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, quen denunciou hoxe o retraso de dous meses que leva o goberno local para arranxar a fochanca que hai na estrada que une Lugo con Portomarín.

“Dende o momento da aparición da fuga de auga, xa fai máis de dous meses, que provocou o afundimento sinalizouse en varias ocasións a fochanca pero non se reparou o firme nin a capa de rodadura” explicou Rubén Arroxo.

“Unha vez máis as disputas entre PP e PSOE na Xunta e no Concello perxudican ás veciñas e veciños de Lugo”, afirmou Arroxo e sinalou que “a partir de que o BNG denuncie publicamente esta falta de atención á vía pública sairán os representantes do PSOE no Concello a culpar á Xunta e os representantes do PP na Xunta sairán a culpar ao goberno municipal da falta de eficacia, e este é o espectáculo patético que se ven repetindo dende o comezo do mandato”.

Dende fai máis de dous meses está cortado un dos carrís da rotonda que enlaza a ponte Branca coa Estrada de Portomarín por unha depresión no firme despois de que neste puntos se producise unha importante fuga de auga. Os servizos municipais de augas arranxaron a fuga naquel momento pero dende entonces a fochanca quedou rodeada por un valado. A precaria sinalización que rodea a fochanca xa foi derrubada por vehículos en varias ocasións e supón un perigo para o tráfico na zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com