O BNG propón destinar fondos EDUSI para peonalizar o Camiño Real

O candidato do BNG á alcaldía e voceiro do grupo municipal, Rubén Arroxo, anunciou que “o concello destinará, despois do mes de maio, parte dos fondos EDUSI, á transformación e peonalización do tramo do Camiño Real comprendido entre a rúa Concepción Arenal e a ronda da Muralla”, facendo referencia á posibilidade de gañar as eleccións. “Os fondos EDUSI poderían ser útiles para Lugo se abordamos proxectos como esta peatonalización e non fundilos en pasarela inútiles”, sinalou Arroxo.

“Este goberno non ten proxectos para empregar os 12 millóns de fondos europeos e propios da estratexía EDUSI e no BNG temos moi claro que cousas se poden facer que sirvan para mellorar a vida en Lugo” afirmou Arroxo “queremos facer unha cidade atractiva para vivir aquí e que xenere ilusión a quen xa vivimos en Lugo”. Arroxo explicou que a zona do Camiño Real está incluída na área de actuación da estratexia EDUSI “por eso non habería ningún problema para incluír este proxecto de peonalización”.

Arroxo sinalou que “o proxecto debería contemplar a utilización de pavimento ecolóxico e plantexarse a peonalización cunha compoñente social e cultural”. A existencia de materias de pavimentación con efecto de absorción da contaminación permite que este tramo se convirta en experiencia piloto na cidade para “pensar Lugo en verde”. O candidato á alcaldía do BNG comprometeuse a plantexar, tamén para este novo espazo, “actividades e propostas de contido social e económico que revitalicen esta zona da cidade que precisa dun impulso con compromiso das institucións”.

Novas relacionadas

  1. Natali Ledesma Del Rio
    Mar 27, 2019 - 02:46 AM

    Al final peatonizan todo Lugo 😐😐

    Reply
  2. Eugenia Fernandez Peña
    Mar 27, 2019 - 12:36 AM

    Seria bonito, pero mas bonito seria que pusieran iluminacion, limpiaran el crimen que se desarrolla en esa zona, cerraran algunos negocios de reputacion dudable..y luego, si! Se podria hablar de pros contras de peatonalizarla…
    Prioridades en orden!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com