" />

O BNG propón potenciar a Escola de Música e a creación dunha escola municipal de teatro

O candidato do BNG – AA, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza coa plantilla da Banda de Música Municipal, que son ao mesmo tempo os mestres da Escola Municipal de Música. Arroxo interesouse polo funcionamento da Escola e loubou o traballo deste colectivo de traballadores do concello que “demostraron que un servizo público pode funcionar á perfección sen necesidade de empresas polo medio”.

Arroxo sinalou que “se por algo destacan as nosas políticas é por respertar o traballo da xente que fai cultura para todos” e engadiu que “non entendemos a cultura como un gasto, para nos é unha inversión”. Arroxo anunciou que o BNG apostará pola creación dunha Escola Municipal de Teatro porque “todo o mundo, independentemente das súas posibilidades económicas ten que ter acceso á cultura e esto é construir unha sociedade máis democrática”.

O candidato lembrou que “a Escola Municipal de Música foi posta en marcha grazas ao compromiso e a ilusión da xente que formaba parte dunha banda de música morta de inanición polo desleixo político”. “O BNG – AA ten un proxecto cultural para este concello claro e xa temos demostrado como é a cultura cando depende de nos” afirmou Arroxo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo