O BNG propón sinalizar a entrada dos novos aparcadoiros disuasorios

O BNG considera importante que se sinalice a entrada dos novos aparcadoiros disuasorios, posto que en palabras do voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, “moitas persoas descoñecen a súa existencia, ou pensan que se tratan de aparcadoiros privados por falta de sinalización”. Arroxo puntualizou, asemade, que nas últimas datas se deron diversos casos de veciñas e veciños que afirmaron non entrar neles por esa razón, incrementando, por tanto, o tráfico de itinerancia nas rúas da cidade. Dende o grupo nacionalista consideran que é tan sinxelo como poñer unha sinal na entrada, dado que a día de hoxe, nos que están xa funcionando, tan só hai unha sinal de vado na entrada.

Nesta liña, dende o BNG piden axilidade para rematar os que aínda están pendentes, dado que o prazo de execución comezaba o 1 de agosto e remataba aos 5 meses cun contrato de 253.000€, polo tanto deberían levar 3 meses e medio en funcionamento.

Rubén Arroxo lembrou que os aparcadoiros disuasorios foron unha proposta feita polo BNG e aprobada no pleno de febreiro do ano 2016, polo que considerou positivo que hoxe sexa unha realidade, malia o retraso, e apuntando que no programa do BNG, para as vindeiras eleccións municipais, vai recollida a proposta de ampliación en número deste tipo de espazos. 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Abr 17, 2019 - 08:44 PM

    Mais disuasion…pra lugo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo