O BNG reitera a súa postura de non iniciar conversas co PSOE mentras manteñan a Orozco de candidato

Un grupo de pais e nais da zona sur da cidade de Lugo, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes do BNG no concello de Lugo e no Parlamento Galego.  A preocupación destes pais é que teñen fillos de tres anos que quedaron sen praza no colexios de referencia, e tentarán levar esta situación ao Parlamento Galego para dar solución ao problema.

Á saída da xuntanza o concelleiro electo Rubén Arroxo, á respecto da situación dos pactos no concello de Lugo, anunciou que o BNG – Asambleas Abertas convocará unha asamblea aberta o vindeiro martes ás 20:00 horas. Arroxo sinalou que o BNG – Asambleas Abertas quere que toda a xente que participou no proceso preelectoral participe tamén á hora de decidir o futuro do goberno da cidade.

Arroxo afirmou que “nós seguimos atendendo os problemas das persoas que é a nosa prioridade, mentres outros están preocupados e preocupadas por sentarse nas institucións”.

Rubén Arroxo sinalou que “todas as persoas que viven en Lugo e, especialmente, as que nos apoiaron neste proceso de Asambleas Abertas deben contribuir coas súas propostas a definir e deseñar cal será a nosa actuación na corporación do concello” e engadiu “máis de 4.000 persoas apoiaron a nosa candidatura sabendo que non iamos permitir que unha persoa imputada por corrupción accedese á alcaldía, agora non lles imos fallar”. Arroxo lembrou que calquera cargo do BNG dimite, de inmediato, en caso de ser imputado por causas de corrupación.

O Consello Local do BNG celebrado onte, decidiu manter o posicionamento marcado durante toda a campaña e non iniciar conversas co PSOE mentres manteña como cabeza de lista a un imputado por corrupción. “Será responsabilidade do PSOE permitir a entrada do PP na alcaldía de Lugo por que eles saben, dende o 11 de novembro de 2012, que o BNG non permite a presenza de imputados nos cargos institucionais” sinalou Rubén Arroxo, facendo referencia á data na que o BNG anunciou a súa saída do goberno municipal de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo