O BNG solicita que se recupere o parque infantil da praza da Milagrosa

O BNG solicita que se volva instalar o parque infantil que había na praza da Milagrosa e que foi retirado, e non reposto, coas obras de peonalización deste espazo. Para o voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, a retirada desta instalación é un auténtico erro de planificación por parte do goberno municipal de cara a mellorar e dinamizar os espazos públicos “cando se peonaliza hai que apostar por dar vida a eses novos espazos, e retirando instalacións infantís vaise na dirección contraria”.

O BNG pregunta tamén a onde se trasladaron estas instalacións, e cal foi a razón para que non se tivesen recolocado directamente no proceso da obra. Nesta liña dende o grupo nacionalista informaron que son varias as veciñas e veciños que están a preguntar se se vai repoñer ou se decidiron retiralo definitivamente, tendo en conta ademais que o barrio da Milagrosa é o máis poboado da cidade.

Por outra banda o voceiro e candidato a alcaldía polo BNG, Rubén Arroxo, asegurou que os parques infantís de Lugo precisan unha renovación xeral, e asegurou que a súa candidatura leva incorporado no programa electoral a proposta dunha intervención na totalidade destas instalacións

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Abr 22, 2019 - 08:54 PM

    De cando en vez tamén dicides alguna chorrada , imos aló : na praza nova que está a moi poucos metros da praza vella , montouse un parque infantil , chulísimo e carísimo , agora que cada vez ai menos nenos , se vos parece montamos columpios en cada esquina das prazas ou ruas , non vaia ser que os críos e os seus papás teñan que coller un taxi para ir a xogar a praza do lado . en fin … o caso e facerse notar como sexa .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com