O Breogán acusou un mal inicio no derbi de Riazor (71-62)

O equipo celeste foi de menos a máis tras un mal primeiro cuarto pero non puido co equipo herculino e cedeu o liderado en solitario.  A afección volveu a desprazarse en masa. De novo a Marea Celeste deixouse notar nun desprazamento do Breo, e farao seguro na próxima xornada, de novo derbi, en Ourense.

A baixa de Dani López por unha forte lumbalxia obrigou a Lisardo a forzar a participación e dous xogadores –Llorente e Matulionis-  que aínda se recuperan de problemas físicos. Isto unido ao mal inicio de partido, pesou demasiado e foi aproveitado polos de Tito Díaz  para lograr a primeira vitoria da campaña.

Mamadou Samb con 16 puntos, 7 rebotes e 4 asistencias; e Alex López con 16 puntos, 3 rebotes e 4 asistencias, foron os máis destacados do equipo lucense.

O equipo celeste xogará o seu segundo derbi consecutivo lonxe do Pazo o vindeiro sábado 31 ás 19:00 horas en Ourense ante o COB.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com