" />

O campo de rugby das Pedreiras convertese nun dos mellores de Galicia para a práctica deste deporte

O campo de rugby das Pedreiras, recentemente acondicionado pola área municipal de Deportes, convertese nun dos mellores de Galicia para a práctica deste deporte.

Acompañada do concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, e do edil portavoz, Miguel Fernández, a rexedora quixo coñecer de primeira man as opinións dos afeccionados, aos que lles trasladou o esforzo que está a realizar a administración local tanto para mellorar as infraestruturas deportivas como para a creación de novas, “moi necesarias porque durante a pandemia tamén aumentou a necesidade de contar con maiores e máis amplos espazos deportivos”.

As melloras consistiron na retirada da cuberta vexetal, moi deteriorada, e na descompactación do terreo para proceder ao sementado de céspede – cunha mestura de diferentes variedades de gramíneas – apto para a pisadura, así como a súa posterior fertilización, ademáis da remodelación completa do campo de xogo. Tamén procedeuse ao repintado das liñas da cancha así como a revisión e posta a punto do sistema de rego por aspersión.

Coa instalación das Pedreiras son tres as dotacións públicas ao servizo das e dos afeccionados lucenses ao rugby, xunto á ubicada ao carón dos Xulgados – conveniada con Educación – e ao campo de fútbol de Nadela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo