" />

O caso da cadela maltratada en Chantada, chega ao Senado

Nas últimas semanas o caso de Alma, a cadela tiroteada e apaleada por un cazador en Chantada conmocionou á cidadanía galega, expoñendo nos medios de comunicación de todo o país un novo suceso de maltrato animal que non debería quedar impune.

Agora, a senadora Sara Vilà, representante de En Comú Podem e integrada no Grupo da Esquerda Confederal xunto a outras formacións como Adelante Andalucía ou Más Madrid, rexistrou unha batería de preguntas dirixida ao Goberno co obxectivo de denunciar este acto de crueldade que a asociación animalista Libera! cualificou de “covarde”.

Na súa exposición de motivos, Vilà sinala a “profunda indignación social” que despertou o caso deste animal e os seus cachorros, que se suma ao do can entregado morto aos axentes da Policía Nacional de Ribeira nunha bolsa de plástico ou Ourense, onde un cachorro sufriu a mutilación de ámbalas dúas orellas.

A parlamentaria critica as “campañas inexistentes sobre benestar e respecto polos animais” da Xunta de Galicia, sen esquecer a falta de cooperación actual co Goberno Central e os concellos e as súas xa escasas competencias, dado que a Lei de Benestar Animal resta capacidade sancionadora a pesar de que si poden inspeccionar e investigar posibles casos de crueldade.

Neste senso, Sara Vilà e os animalistas de Libera! preguntan pola necesaria Lei Marco de Protección Animal, unha iniciativa que suma máis de 475.000 sinaturas na plataforma de cambio social change.org, polo feito de que parte dos maltratadores de animais posúan permiso de armas e para practicar a caza ou polas actuacións do executivo central nesta materia.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Dec 18, 2019 - 08:56 PM

    Sinvergüenzas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo