O CB Sarria recibe unha gran colaboración na súa campaña solidaria

A campaña solidaria do Club Baloncesto Sarria , en colaboración con Cáritas Interparroquial Sarria, resultou un completo éxito. Un total de 12 considerabeis caixas e 6 grandes bolsas cheas de material moi diverso foron o resultado da aportación das familias da entidade baloncestística do sur lucense, así como doutras persoas non vencelladas ao clube e que quixeron contribuir a tal necesario fin.

Cáritas Interparroquial Sarria xa dispón nas súas instalacións dende onte xoves 3  de todo este material, formado por moi variados xoguetes, libros, contos e material deportivo que seguro fará as delicias dos máis necesitados nestes próximos días e onde os máis pequenos son os verdadeiros protagonistas.

O CB Sarria quere agradecer a enorme colaboración das familias que forman parte da súa entidade e de Cáritas Interparroquial Sarria para a realización desta camapaña solidaria, que desta volta pode considerarse un enorme éxito

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com