" />

O CEIP de Negueira de Muñiz duplica as matrículas tras reabrir o curso pasado

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe a aposta da Xunta de Galicia polas escolas rurais na súa visita ao CEIP de Negueira de Muñiz, un centro no que case se duplicaron as cifras de matrícula tras reabrir o curso pasado.

Na súa vista ao colexio para coñecer de cerca como está a ser o seu funcionamento, Arias destacou o gran labor das dúas profesoras destinadas alí este curso, e apuntou que na actualidade hai 17 nenos e nenas matriculados, catro deles en Educación Infantil e os 13 restantes entre primeiro e quinto de Primaria.

No curso 2019-2020 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade reabriu este CEIP con 10 alumnos e alumnas. Igual que sucedeu nos demais centros escolares, a súa actividade ordinaria tamén se viu afectada pola situación excepcional da pandemia.

Arias agradeceu a implicación de toda a comunidade escolar para impulsar o colexio de Negueira, un concello da Montaña luguesa que conta con 215 habitantes. O centro dispón dos servizos de comedor e transporte.

Para o delegado, este CEIP “exemplifica un modelo educativo que atende á realidade de cada zona e prioriza o acceso ao ensino, como non pode ser doutro xeito”. No mesmo sentido, resaltou o apoio da Xunta aos concellos rurais, coa implementación e mellora continua de servizos, incluídos os educativos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo