" />

O Cemiterio Municipal volve permitir visitas a partir de hoxe

O Concello de Lugo a traveso da edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, ven de anunciar que “coa declaración da Fase 1 da desescalada, o Goberno do Estado volve permitir visitas ao Cemiterio Municipal”. A responsable declarou que “desde a área de Participación preparamos un protocolo de seguridade nas visitas para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio”.

O cemiterio terá un aforo máximo de 50 persoas por hora e dúas por unidade de enterramento. “Todas as persoas que desexen visitar o cemiterio deberán pedir cita previa no teléfono 982 297 303.

A área de Participación limitará o horario dos enterramentos ás mañás, entre as 9 e as 14 horas, e estarán limitados a 15 persoas. As visitas realizaranse entre as 16 e as 19 horas. Non se permitirá o uso dos bancos e deberase respectar o distanciamento social de dous metros. Cristina López pediu ás veciñas e veciños “que utilicen as fontes e regadeiras de maneira responsábel para evitar difundir o virus”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo