" />

O Centro Cultural de Begonte convoca o XLIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal

O Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte convoca unha nova edición, a XLIII, do seu Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal e invitan a participar nel a todos os poetas que o desexen con textos tanto en galego como en castelán cuxo tema debe ser o Nadal, valorando que se centre no Nadal de Begonte ou no Belén Electrónico do que este Centro Cultural é entidade promotora.

Co apoio de Abanca, o Centro Cultural José Domínguez Guizán premiará cun galardón de 600 euros e unha estatuíña de Sargadelos á mellor poesía  e á segunda levará un premio de 300 euros e tamén unha estatuíña. A pesar de non ter tema libre, os poetas si teñen liberdade á hora de escoller a construcción do poema e a medida do verso.

As bases desta convocatoria especifican que a obra debe ser entregada por triplicado no propio Centro Cultural (en Begonte) ou ben persoalmente ou ben remitíndoo por correo certificado todo iso antes do día 6 de xaneiro ás 12.00 horas. Asemade, dende a organización advirten que todos os traballos deben ir acompañados dunha plica onde conste os datos persoais do autor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo