" />

O Centro de Convivencia Sagrado Corazón acolle este mércores unha charla sobre a diabetes

O Centro de Convivencia Sagrado Corazón acollerá este mércores unha charla sobre a diabetes, unha enfermidade que padecen máis de 347 millóns de persoas no mundo e que se prevé que se converta no ano 2030 na sétima causa de morte, segundo a Organización Mundial da Saúde. Será a partir das 17:00 horas a cargo dun facultativo do centro de saúde do Sagrado Corazón. O seu obxectivo é orientar tanto a pacientes como a familiares sobre a importancia dunha dieta equilibrada como parte do tratamento para o control da glucosa no sangue.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, convidou aos lucenses de todas as idades a asitir a esta conferencia, pois a diabetes non soamente afecta a persoas maiores, senón que nos últimos anos aumentaron os casos de diabetes infantil. Neste senso a edil manifestou que o Concello colabora con esta charla, posto que supón unha chamada de atención para os veciños de Lugo, que sirva ademais para entender o impacto que supón a diabetes na calidade de vida dos afectados desta enfermidade crónica, e para que aumente a conciencia dos doentes sobre a súa propia responsabilidade no cuidado da saúde, que neste caso, pasa por unha alimentación equilibrada.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo