" />

O Centro de Información Europe Direct-Lugo convida a tomar un ‘Café con Europa’

O Centro de Información do Concello de Lugo Europe Direct-Lugo, convida á cidadanía lucense a tomar, o próximo 16 de decembro, un Café con Europa.

Nesa xornada, a Comisión Europea en España celebrará un evento na nosa cidade contando coa participación da súa Directora de Comunicación que responderá a todas as dúbidas e preguntas sobre as políticas que está a poñer en marcha a Unión Europea e tamén falará de como benefician á sociedade as medidas desenvolvidas relacionadas coa conservación do medio ambiente, a inmigración, o estímulo ás empresas e Pemes, os programas para os mozos, ou a economía dixital, etc.

Un acto ao que dende o CEI – Nodus se anima a asistir a toda a poboación xa que se trata dunha estupenda ocasión para que a veciñanza poida expor as súas dúbidas e inquietudes con relación ás políticas europeas. O Café con Europa terá lugar no local A Ferretería o 16 de decembro ás 19:30 horas e será aberto ao público. As persoas interesadas deberán inscribirse na seguinte ligazón: https://www.eventbrite.es/e/entradas-cafe-con-europa-lugo-84717974743?utm_term=eventurl_text

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo