O Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde presenta a primeira edición do torneo 3×3 de “Fútbol Burbulla”.

 

Esta nova modalidade de futbol, consiste en xogar ao fútbol metido no interior dunha burbulla xigante coa que se rebota contra os  adversarios, o que constitúe un pasatempo de gran divertimento e de xeito seguro.

O fútbol burbulla é unha actividade deportiva nada en Noruega no ano 2011 que está a  gañar adeptos de xeito rápido. Neste deporte conxúganse fútbol e diversión, moita diversión. Xógase por equipos e nos mesmos campos, pero coa diferenza de que os participantes van dentro dunha burbulla xigante inchable.

O torneo celebrarase o domingo 28 de agosto. Pola mañá fase de grupos e pola tarde as eliminatorias e finais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com