" />

O Certame de Arte José Domínguez Guizán, na loita contra a violencia sexual

O Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade que promove o Belén Electrónico, vén de convocar unha nova edición, e xa van trinta, do seu tradicional Certame de Arte no que a mellor obra pictórica se levará 1.500 euros e unha estatuíña de Sargadelos.

Este ano, como novidade, o Centro Cultural propuxo que todas as obras tiveran unha temática común: a loita pola igualdade e contra a violencia sexual.

Así, todos os pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais) poden presentar as súas obras que promovan a iguyaldade e a loita pola erradicación da violencia sexual en 1,5m x 1m, e deberán remitilas ao Centro Cultural organizador en Begonte antes das 12 horas do 25 de decembro.

A obra gañadora, ademáis, querdará en propiedade do centro cultural e, xunto co resto, serán expostan en Begonte e Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo