O Chamaco: “Eu quería suicidarme diante dela, disparouseme a escopeta”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu hoxe a primeira das sesións da vista oral contra José Manuel Carballo, O Chamaco, acusado de asasinar á súa muller dun disparo de escopeta. Segundo explicou o presunto asasino a súa intención era suicidarse pero se lle “disparou” a arma. A parella convivía no seu domicilio de Becerreá xunto cos fillos dela, ambos menores no momento dos feitos.

A Fiscalía pide para o acusado 28 anos de prisión, 25 dos cales serían polo delito de asasinato con aleivosía, dous anos por ameazas e outro máis por  maltrato.

Na súa declaración ante o xurado, o acusado asegurou que o 11 de febreiro de 2016, día no que ocorreron os feitos, pedíralle á súa muller que fora á casa porque “quería amañar a situación con ela”. Sen embargo, segundo relatou, ao oíla chegar, acompañada da mai del e os fillos dela, o acusado colleu a escopeta cargada e se meteu nunha habitación, pechándose por dentro.

José Manuel Carballo aclarou en diversos momentos do xuízo que el non tiña intención “de matar a Ana”, senón que pretendía “suicidarme diante dela e da miña mai. Saio para fóra, coa mala sorte de que se me disparou a escopeta”.

Asemade, con respecto aos delitos de ameazas e maltrato, pese a estar en coñecemento da Casa da Muller do Concello de Lugo, Carballo negou maltratar ou ameazar á súa muller e dixo non lembrar eses presuntos episodios previos de violencia, incluído o do día no que, segundo se denunciara, encañonou á muller coa escopeta e lle dixo que a iba “deixar seca”.

Diversas asociacións feministas acudiron esta mañá ás portas da Audiencia Provincial para proferir insultos e berridos ao acusado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com