O Cidade de Lugo de Piragüismo organiza en Cervo un curso de esquimotaxe

A Piscina Municipal de Lieiro, no Concello de Cervo, acollerá esta fin de semana un novo curso de esquimotaxe organizado polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo.

O curso celebrarase este domingo 16 de xaneiro e terá lugar en horario de mañá e tarde, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. O curso durará as 6 horas e terán como requisito imprescindible saber nadar a lo menos 50 metros e ter nacido no 2015 ou antes; con todo, o técnico valorará o nivel de cada participante co fin de adecuar a actividade de xeito persoal.
Se realizará en grupos reducidos e a inscripción poderá facerse dende 4 euros que incluirán seguros e permisos. Cada participante acudirá con bañador, gorro de piscina, camiseta, chanclas e toalla.
Os prezos de inscripción irán desde os 4 ata os 9 euros. Así, os socios do Club de Piragüismo Cidade de Lugo terán un prezo especial de 4 euros, o resto de participantes con licenza de piragüismo terán un prezo de 6 euros e, os que acodan sen licenza, terán que pagar 9 euros á hora da inscripción.
A inscripción será telemática utilizando o código QR da imaxe ou ben neste enlace.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com