O Círculo convértese nun pesebre na obra gañadora do seu concurso de postais de Nadal

O Círculo das Artes convertido en pesebre, tal cual un Belén. Así o visualizou Teresa Ferreiro Campo, de 9 anos, e así o debuxou na obra que presentou ao Concurso de Postais que o Círculo organiza co motivo do Nadal.

A postal, baixo o título “Portal do Círculo” será a elixida pola sociedade para felicitar a todos os seus membros.

Nesta categoría B de 7 a 11 anos de idade, tamén outorgaron dous accesits a Hugo López Ferrero, pola súa postas A amizade é o que nos une  e a  Papá Muralla  de Carolina Ferreiro Campo.

Por outra banda, na categoría A, de 3 a 6 anos acadaba o primeiro premio  El arcoíris trae a Papá Noel, de Irene Gutiérrez del Valle. Tamén se deron outros dous accesits para Los copos de colores de Adriana Viaño Villamor e Feliz Nadal de Sofía Estévez Sánchez.

A entrega dos premios terá lugar a primeira semana de xaneiro, coincidindo coa inauguración dunha exposición na que a Sociedade reunirá todas as postais que se presentaron ao concurso. O Círculo felicita a todos os participantes polos seus traballos que se poden ver na web da sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com