" />

O Club de Golf Lugo celebra xornadas de portas abertas todos os sábados de abril e maio

O Club de Golf Lugo inicia este sábado 11 de abril, unha serie de xornadas de portas abertas, que terán lugar todos os sábados dos meses de abril e maio, entre as seis e as sete da tarde.

O obxectivo destas sesións, patrocinadas pola Federación Galega de Golf, é invitar a todos os interesados no golf a coñecer as instalacións do Club e iniciarse neste deporte. Durante estas xornadas está previsto que os visitantes poidan coñecer tanto as dimensións e peculiaridades do campo de golf lucense, como os servizos auxiliares e actividades que se realizan no centro.

Asemade, poderán recibir clases de iniciación gratis para as que haberá que concertar cita previa. O profesor do club, Gonzalo Guisasola, profesional deste deporte, será o encargado de dirixir as devanditas clases nas que poderán participar tanto os xa iniciados, como aqueles para os que sexa a súa primera vez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo