" />

O colexio Luís Pimentel conta cun novo valado de peche e unha aula para pedagoxía terapéutica

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, dotou ao colexio público Luis Pimentel, no barrio da Piringalla, dun novo valado de peche co fin de mellorar a seguridade do centro e tamén dunha aula dedicada a pedagoxía terapéutica, unhas melloras dotadas con 15.000 euros que responden ás peticións realizadas polos veciños nos Orzamentos Participativos e pola comunidade educativa.

Estas obras, acometidas no marco dos Orzamentos Participativos, consistiron na substitución do valado existente por outro de maior altura, co que se mellora a seguridade de toda a comunidade escolar e tamén se evita que se produzan actos vandálicos durante o período non lectivo.

Con respecto ás reformas interiores, o Concello realizou melloras consistentes na reparación duns canlóns no tellado do edificio, ademais de modificarse un tabique e abrirse unha porta, co que se adaptou unha aula ás necesidades actuais deste colexio, adaptándoa a pedagoxía terapéutica.

Manuel Núñez subliñou que “coa execución destas melloras, demostramos unha vez máis o noso compromiso cunha educación pública, gratuíta e de calidade, que garante un progreso social e económico xusto e igualitario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo