O Comité Electoral Provincial do PP de Lugo reunido esta tarde na súa sede provincial, decidiu propoñerlle ao Comité Electoral Rexional o nome de Jaime Castiñeira Broz como candidato á alcaldía de Lugo para as próximas eleccións municipais.
Este nomeamento ven corroborar o balbordo que estaba na rúa dende hai tempo e que daba por seguro que o candidato do Partido Popular sería de novo Jaime Castiñeira.
Castiñeira Broz que xa fora candidato no 2011, ten unha nova oportunidade de conseguir a alcaldía para os populares lucenses. Na anterior cita electoral quedou a 400 votos de acadar a maioría absoluta e aínda que a súa lista fora a máis votada non puido gobernar por mor da coalición entre Psoe e BNG. Jaime Castiñeira que dende decembro de 2009 é presidente da xunta local do PP no concello de Lugo e ademais parlamentario no Parlamento de Galicia, desempeñando na actualidade a presidencia da Comisión de Asuntos Europeos e a portavocía de Vivenda.