" />

O Concello acondiciona a beirarrúa do remate da Avenida da Coruña

O concello poor medio da Concellalía de Infraestruturas Urbanas, informa dos traballos que se están a realizar estes días, no último treito da Avenida da Coruña, fronte ao cruce coa Avenida Paulo Flavio Máximo. O concelleiro Penas, explicou que “este terreo foi cedido a finais dos anos 90 a cambio de que o Concello construíse a beirarrúa”.

Os traballos consisten na pavimentación do espazo con baldosa de formigón, demolendo a superficie existente e colocando baldosas sobre unha base de formigón. Na zona do paso de peóns disporase o pavimento diferenciado para este tipo de estruturas, e mellorarase o sistema de recollida de augas pluviais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo