A área de Deportes do Concello de Lugo ven de ampliar en 70 as prazas dos cursos de ximnasia e natación para maiores de 65 anos, que se desenvolven ao longo do ano nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras. Estas 70 prazas sumanse ás 330 ofertadas a finais de agosto e que se esgotaron nas primeiras xornadas, dada a gran aceptación destes cursos, que constan de tres sesións á semana por un custo anual de 7,90 euros.
Desde a concellería ofértanse agora 50 prazas máis para a piscina de Frigsa, distribuídas entre os cinco grupos xa existentes, mentres que nas instalacións de As Pedreiras crease un novo grupo con 20 prazas en horario de 12.00 a 12.45 horas. A matrícula para estas novas 70 prazas deberá realizarse os días 24,25 e 26 de setembro nas oficinas de Frigsa, en horario de 8.00 a 14.00 horas, co pago deses 7,90 euros, mediante tarxeta bancaria ou mediante o ingreso en conta bancaria, presentando para iso o formulario correspondente que se pode obter nas mesmas oficinas.
A área de Deportes ofertou a primeiros de mes unhas 1.000 prazas para o primeiro trimestre dos cursos de natación nas piscinas de Frigsa e As Pedreiras, para diferentes idades e niveis. A maiores destes prazas, tamén puxo a disposición da cidadanía as clases destinadas a maiores de 65 anos, que combinan ximnasia e natación con tres sesións semanais.