O concello anuncia a licitación de 22 postos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

A Xunta de Goberno do concello de Lugo aprobou o procedemento de licitación para 22 postos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal, “facilitando a instalación de novos proxectos nestas dúas instalacións de referencia para o comercio local”, explicou o Tenente Alcalde Arroxo.

O procedemento permitirá ocupar 15 postos na Praza de Abastos para distintas actividades, e 7 postos no Mercado Municipal destinados a actividades de hostalería e restauración. Estas instalacións contan en total con 81 postos na Praza de Abastos e 32 no Mercado Municipal. Todas as concesións terán unha duración de 25 anos, e as persoas interesadas en optar a un dos postos poderán presentar os seus proxectos nos 30 días posteriores á publicación do anuncio na plataforma de licitación.

Os criterios de adxudicación valorarán a capacidade de creación de emprego da proposta empresarial, ademáis da actividade a desenvolver e do proxecto de negocio, xunto cos servizos de Atención ao Cliente, valorando se a nova actividade contará con servizo de entrega a domicilio, venta en liña ou pago con tarxeta.

Na praza de Abastos, sairán a licitación os postos 12 (Conxelados), 22 (Panadería), 23 (Carnicería), 28 (Delicatessen), 32 (Carnicería), 35 (Herbolario), 37 (Charcutería), 38 (Café Bar), 39 (Alimentación), 43 (Viñatería), 44 (Froitaría), 45 (Droguería), 47 (Galletería), 48 (Carnicería) e 49 (Alimentación), que contan cunhas dimensión de entre 11,3 e 17 m2. No Mercado de Quiroga Ballesteros sairán os postos 10, 13-14, 18, 19, 21, 23 e 25, adicados a actividades do sector da hostalería e da restauración, con tamaños entre os 9.04 e os 19 m2.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com