O Concello aposta en FITUR 2017 polo turismo sostible

O Concello de Lugo presentará no marco da 37ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebrará entre o mércores e o vindeiro domingo 22 no recinto feiral IFEMA, a continuidade da campaña Ven, é Lugo, presentada na pasada edición, apostando este ano polo turismo sostible, con máis razón aínda este ano dado que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou dedicar este ano ao Turismo Sostible para o Desenvolvemento.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, viaxarán “a este evento de referencia do turismo en España” para presentar o vindeiro xoves un vídeo promocional da cidade, no que se enxalza a Lugo como destino sostible medioambiental e accesible, con riqueza patrimonial e histórica; así como para promover Lugo entre os 165 países e rexións que se darán cita nesta feira, que recibiu o pasado ano a máis de 230.000 visitantes, 74.000 o stand galego.

Nesta liña, a edil amosou a aposta do Concello polo sostible, ligando o desenvolvemento da cidade a uns valores e criterios respectuosos co medio ambiente. Así, Basadre fixo fincapé en que a natureza e as zonas verdes, son tamén motivo polo que os visitantes elixen Lugo, dado que ofrece un cinto verde de máis de 10 quilómetros de paseo que rodea a cidade, e que transcorre entre o río Miño e o río Rato, e 23 hectáreas de zona verde en pleno centro da cidade, no Parque Rosalía de Castro, ademais dos roteiros rurais. Na montaxe audiovisual tamén hai espazo para as festas do San Froilán, o Arde Lucus e a gastronomía. Ademais, a entidade local incluíu no vídeo os 3 Patrimonios da Humanidade, a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo, así como a Ponte Romana, o casco histórico, a Praza Maior ou a Casa Consistorial, entre outros.

A Concelleira tamén avanzou que se repartirán uns 4.000 folletos promocionais de Lugo, tanto en español, como inglés, italiano, francés ou portugués, así como guías, planos ou marcapáxinas, “unha excelente oportunidade para amosar que Lugo é rica tanto dende o punto de vista do patrimonio como medioambiental.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com