O Concello aproba a axuda de 130.000 euros a ASPNAIS para a reforma do antigo San José

O Concello aprobará mañá mércores na Xunta de Goberno, incorporar ao Plan Estratéxico de Subvencións unha axuda por valor de 130.000 euros á Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) para a redacción do proxecto técnico das obras de reforma que a entidade acometerá no antigo Hospital San José co fin de centralizar neste inmoble o labor que vén desenvolvendo actualmente en dous edificios no polígono da Louzaneta e na Rampa Claudio López.

A proposta á que o Goberno local dará mañá luz verde, ten lugar despois da modificación do Orzamento municipal aprobada en maio para poder contemplar a devandita partida de 130.000 euros, procedentes dos remanentes acadados executivo local.

Esta nova axuda a ASPNAIS engádese aos preto de 1,9 millóns de euros que o Concello concede neste 2015 ao tecido asociativo de Lugo a través do Plan Estratéxico de Subvencións, dentro da aposta do goberno municipal por “fomentar a participación e a dinamización das entidades sociais, culturais e deportivas”. En concreto, a nova achega económica incorpórase ao investimento en materia de servizos sociais, que inicialmente era de 529.500 euros, e agora pasa a 659.500.

A materialización da axuda a ASPNAIS prodúcese despois dunha recente visita da Alcaldesa, Lara Méndez, ás instalacións da entidade durante a que renovou o compromiso e o apoio do Concello “ao gran labor deste colectivo, que excede das murallas da cidade”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Antonio Barrull Gimèneza
    Dec 23, 2015 - 05:44 PM

    Me gustarìa ver como el gobierno de mi
    ciudad natal, Lugo un cambio respecto al
    pueblo gitano, todavia lo tienen marginado.
    Por esto me gustarìa salir de esta
    situaciòn y verme desembuelto y verme
    servible. Por esto y muchisimo màs me
    alegraria concedieran un puesto de trabajo.
    Gracias por atender a este gitano trabajador
    y ansiando una respuesta le deseo mejor y
    Feliz Año. Gracias.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com