O Concello aprobará esta semana as bases para a concesión de postos na Praza de Abastos

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobará esta semana a oferta dos postos que se deron de baixa nos últimos tempos no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. Un total de 13 postos en ambas prazas, ademais de 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns. “Este é un paso máis para converter a Praza de Abastos e o Mercado Municipal nun referente do casco histórico, ao actualizar as concesións fixaranse empregos e darase garantía ás persoas que exploten estes postos”, expresou a edil titular desta área.

Entre os postos que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis, e cuxa concesión actualmente está caducada. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas” explicou a edil responsable.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com