O Concello autoriza dúas licenzas urbanísticas en inmobles catalogados do Centro Histórico

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobaba hoxe a concesión de tres licenzas urbanísticas, dúas delas para edificios sitos no Casco Histórico e cun elevado nivel de protección.

É o caso dunha solicitude para cambiar o uso e reformar un piso na rúa Doutor Castro. O inmoble, asentado no Burgo Medieval, goza dunha consideración significativa na contorna ao ter catalogados varios elementos da súa fachada como son as cornixas, impostas, recercados, portas, enreixados e escudos. As modificación propostas, que teñen un custo de 36.147’76 euros para converter a oficina en vivenda e de 28.020’09€ para a rehabilitación, terán un prazo de execución dun ano.

Por outra banda, foi autorizada a substitución dunha cheminea nunha edificación de San Marcos, pertencente ao coñecido como Ensanche Decimonónico. A intervención, orzamentada en 2.959’65€, se levará a cabo tendo especial coidado coa conservación dos beriados, portadas, varandas, miradores, balcóns, relevos, solainas, etc… de especial singularidade arquitectónica.

Así mesmo, na reunión desta semana o goberno local outorgaba permiso para proceder á apertura de ocos na planta baixa dun edificio residencial en San Eufrasio, por un importe de 3.303’47€ e, pola contra, denegaba dúas peticións para legalizar un peche de galería na Avenida Marqués de Ombreiro e dun muro en Acea de Olga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo