" />

O Concello cambia o pavimento da rúa Manuel Murguía

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou este xoves as obras que o Concello está a acometer na beirarrúa da rúa Manuel Murguía, entre as interseccións coa rúa río Sil e rúa Salmón. Con estas obras, que contan cun orzamento de 8.500 euros, mellórase sustancialmente a accesibilidade e a mobilidade nesta vía.

Tal e como explicou o edil, estas tarefas acométense en resposta ás peticións veciñais, dado que a beirarrúa presenta unha pendente moi elevada, o que, unido ao desgaste das baldosas, podía producir algún percance aos veciños e veciñas.

Os traballos, que arrincaron onte, consisten no cambio das baldosas existentes por outras novas, con maior granallado, para favorcer a adherencia. Asemade, nos pasos de peóns da intersección da Rúa Salmón coa rúa Manuel Murguía disporanse baldosas de botóns, de cor vermella, para adaptalos á normativa de accesibilidade.

Así mesmo, instalarase un pasamáns de aceiro galvanizado de cor gris, ao longo duns 20 metros aproximadamente, a unha altura superior de 95 centímetros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo