O Concello cede terreos no barrio de Abella para edificar a nova comisaría de Policía

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou esta mañá que a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo xa non ten volta atrás. “Como xa saben, o Goberno local ofreceu hai meses ao Ministerio dúas parcelas que reúnen as características necesarias para acometer a nova edificación da comisaría conforme aos estándares marcados pola División Económica e Técnica da Policía Nacional. Destas dúas parcelas propostas, a elixida finalmente está situada no barrio da Abella”, sinalou a  rexedora nuha comparecencia na que estivo acompañada polo delegado do Gobero en Galicia, Pedro Blanco, pola subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, así como polo Xefe Superior da Policía Nacional en Galicia, Ramón Gómez Nieto, e o Comisario Provincial, Luis Romera.

Trátase dun terreo na rúa Orquídea, en concreto na súa confluencia con Aquilino Iglesia Alvariño. O terreo ten unha extensión de 2.117 metros cadrados e está catalogado como solo para equipamento. “Deste xeito, cumprimos o noso compromiso de levar a nova comisaría á zona norte da cidade. Compromiso que foi adquirido cos colectivos veciñais destes barrios e que para nós era inquebrantable. Levamos anos traballando coordinadamente co Goberno central para que a nosa cidade conte cunha nova sede da Policía Nacional adaptada aos estándares do século XXI e que poida atender as necesidades e demandas tanto das e dos efectivos deste Corpo como da cidadanía”, proesguiu Alvarellos Fondo.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recordou que a comisaría de Lugo é unha obra prioritaria para o Ejecutivo central. “Hoxe é un punto de partida. Non hai volta atrás. Trátase dun reto ambicioso no que non imos escatimar nin esforzos, nin recursos”, indicou Blanco, que destacou a óptima stiuación da parcela para albergar esta nova sede xa que segundo valoraron os técnicos dispón de acceso fácil e cómodo para as persoas usuarias e de comunicación rápida e áxil para a prestación dos servizos policiais ligados á seguridade cidadá.

Antes de rematar, Alvarellos Fondo manifestou que a súa vontade de que o novo proxecto sexa unha reralidade no menor tempo posible. “Agora mesmo estamos a estudar que fórmula é a máis áxil para realizar o trámite de cesión e poñer este terreo ao dispor do Ministerio para que así a nova comisaría de Abella poida ser incluída no Plan de Infraestruturas para a Seguridade do Estado vixente e comezar canto antes o proceso de licitación deste tan necesario proxecto”, dixo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com